O nivel científico e pedagóxico dos temas expostos nos distintos relatorios presentados no VII Congreso Galego de Naturopatía, e a asistencia de profesionais, estudantes, centros de formación, usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía, e público en xeral constituíron un éxito notable superando con fartura as expectativas que tiñamos ao seu comezo. O amplo programa permitiu aos asistentes intercambiar coñecemento e experiencias en relación á aplicación das distintas tecnoloxías Naturopáticas, identificar solucións de saúde, benestar e calidade de vida e compartir ideas.
Conclusións do VII Congreso Galego de Naturopatía
- A celebración deste Congreso de Naturopatía celebrado en Galicia constituíu unha boa ocasión para constatar os éxitos alcanzados pola Profesión Naturopática en Galicia e facer unha chamada de atención sobre as metas que aínda quedan por conseguir.
- O método científico como base da intervenciòn Naturopática ha conformando un apartado singular neste Congreso, constatando as evidencias científicas que dan soporte á práctica profesional Naturopática baseada na evidencia. Polo que a práctica Profesional Naturopática baseada no método científico ha conformando un apartado singular neste Congreso, constatando que a Naturopatía é unha área do saber humano de carácter autónomo dentro do marco das Ciencias da Saúde.
- Tamén o afianzamento da Profesionalidade e Profesionalismo como elementos nucleares dos Servizos Profesionais de Naturopatía de calidade, eficacia e eficiencia.
- Os retos presentes e futuros da Profesión Naturopática están incardinados na sistematización, a nivel científico, e na potenciación das estruturas organizativas da Profesión Naturopática, tanto a nivel europeo, iberoamericano e internacional.
- Os Servizos Profesionais de Naturopatía por definición, teñen un carácter integral, integrativo e holístico sendo por iso que na intervención Naturopática teñen en conta tanto a individualidade biolóxica como a individualidade social, así como a faceta psicoemocional e ecolóxica (paradigma ecobiopsicosocial da Naturopatía).
- As intervencións Naturopáticas han de ser evidenciadas como solucións en si. O peso social da Naturopatía queda patente na eficacia dos seus Programas Persoais de Saúde, non deixando lugar a dúbidas de que hoxe en día é unha disciplina de carácter autónomo, independente, colaboradora, integradora, interdisciplinar e transdisciplinar, pero esencialmente suficiente e non supeditada a outras ciencias da saúde.
- A imaxe que a Naturopatía proxecta á sociedade é o resultado da interactuación de factores formativos, profesionais e de comunicación social que determinan as expectativas dos futuros Naturópatas. Por iso seguimos apostando con firmeza e decisión polo fomento da investigación, a formación, o profesionalismo e a profesionalidade como elemento fundamental para prestar un servizo de calidade á sociedade; destacando á vez o fomento da formación continua e a actualización dos formadores Naturópatas, así como a elaboración de estratexias educativas para mellorar a docencia das materias recollidas no curriculum Naturopático.
- Clausurouse este VII Congreso Galego de Naturopatía apostando con firmeza e decisión polo fomento da investigación, a formación, o profesionalismo e a profesionalidade como elemento fundamental para prestar un servizo de calidade á sociedade; destacando á vez o fomento da formación continua e a actualización dos formadores Naturópatas, así como a elaboración de estratexias educativas para mellorar a docencia das materias recollidas no curriculum Naturopático.
- A marca Naturopatía é a visión que a sociedade ten da profesión Naturopática. É de todos os seus profesionais o abordar as consecuencias negativas e influencias positivas que se desprenden de non ter unha Marca profesional adecuada. A proliferación de inxerencias profesionais e non profesionais no campo da Naturopatía está a dificultar que o produto Naturopatía teña a consideración e valoración social e institucional que lle corresponde. Urxe concienciar ao colectivo da necesidade de reforzar a profesión achegando valor engadido ao traballo diario dos profesionais Naturópatas, ademais de emprender unha estratexia conxunta en prol da marca Naturopatía que achegue solidez, demanda e recoñecemento á Ciencia e Profesión Naturopática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario