La Naturopatía no es una rama de..., ni una especialidad de..., ni la alternativa de..., ni lo natural de...., es un área de conocimiento de carácter autónomo dentro del marco de las Ciencias de la Salud
domingo, 30 de septiembre de 2018
María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, realiza a invitación para participar no VII Congreso Galego de Naturopatía
María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, realiza a invitación para participar no VII Congreso Galego de Naturopatía que se celebra o próximo día 13 de outubro de 2018 na Coruña.
Desde que comezamos a organizar o VII Congreso Galego de Naturopatía a Organización Colexial Naturopática de Galicia asumiu un gran compromiso tanto coa asociación como cos participantes, á vez que un gran reto, dado o bo nivel que deixaran os anteriores Congresos. Un ano máis, contaremos coa ampla experiencia de relatores Profesionais Naturópatas Colexiados, que expoñerán temas de actualidade, baixo o lema desta edición: “ Naturopatía: Ciencia da Saúde".
Os Comités Científico e Organizador traballamos con ilusión, para que este VII Congreso Galego de Naturopatía sexa un foro idóneo para debater opinións, contrastar experiencias e buscar solucións para mellorar os nosos coñecementos, competencias e habilidades.
A Coruña, coa súa hospitalidade e beleza, contribuirá a que os participantes nacionais e internacionais, poidan gozar dun alto intercambio científico e dun grato esparexemento, o cal contribuirá a estreitar as relacións de amizade e colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario