O VII Congreso Galego de Naturopatía, que se celebrou na Coruña, cumpriu con todas as expectativas e ha culminados cun notable éxito de participación e repercusión mediática. O Centro Ki Lau foi a sede do Congreso que se celebrou durante todo o sábado 13 de outubro, organizado pola Organización Colexial Naturopática de Galicia. Un Congreso profesional que se destacou polo seu sinal científico e pedagóxico.
María Garriga, Presidenta da Organización Colexial Naturopática de Galicia, expresa a súa satisfacción polo traballo realizado tanto na preparación como o desenvolvemento e os notables resultados obtidos neste VII Congreso Galego de Naturopatía; debido sobre todo á notable acollida e asistencia que tivo o evento, tendo en conta o avance e achegamento que están a ter os Servizos Profesionais de Naturopatía en Galicia. E continúa dicindo María Garriga “ Gustaríame incidir nunha das ideas que se expuxeron na apertura do congreso, que é que cando a Organización Colexial Naturopática organiza un Congreso como este, non só pretende participar na diseminación e xestión do coñecemento Naturopático, senón ser eco entre a poboación e na sociedade de cantas novas responsabilidades e ámbitos de actuación está a ter a Naturopatía na actualidade”
Nesta liña de declaracións, Manuel Navarro, Presidente da Organización Colexial Naturopática declarou que este VII Congreso Galego de Naturopatía tamén serviu para aumentar a autoestima dos Profesionais Naturópatas Colexiados, facer máis visible a Profesión Naturopática e achegala máis e mellor á sociedade; á vez que seguir co proceso de consolidación da Profesión Naturopática en Galicia”
O nivel científico e pedagóxico dos temas expostos nos distintos relatorios, e a asistencia de profesionais, estudantes, centros de formación, usuarios dos Servizos Profesionais de Naturopatía, e público en xeral constituíron un éxito notable superando con fartura as expectativas que tiñamos ao seu comezo. O amplo programa permitiu aos asistentes intercambiar coñecemento e experiencias en relación á aplicación das distintas tecnoloxías Naturopáticas, identificar solucións de saúde e compartir ideas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario