A Organización Colexial Naturopática de Galicia celebrará o VII Congreso Galego de Naturopatía o próximo día 13 de outubro de 2018 na Coruña baixo o lema " Naturopatía: Ciencia da Saúde".
Neste Congreso imos ter a oportunidade de analizar a evolución da profesión Naturopática en Galicia e a súa repercusión no sector da saúde, benestar e calidade de vida e, por suposto, na sociedade galega. E imos abordar os retos presentes e futuros da Profesión Naturopática,como a globalidad e interconexión profesional e corporativa, e que nos permita seguir avanzando na oferta de Servizos Profesionais de Naturopatía de calidade e eficiencia baseado no método científico.
Os temas centrais que abordará o Congreso ten que ver co proceso de aumento na demanda dos Servizos Profesionais de Naturopatía e a súa consolidación na sociedade galega, a relacións coa Administración, e sobre todo, a profesionalización e a calidade na atención, que é o que distingue aos Profesionais Naturópatas Colexiados. Pero ademais, destacados relatores expoñerán sobre os distintos Métodos Naturais de Saúde ("terapias naturais") que conforman a práctica profesional Naturopática valorando os seus aspectos científicos e filosóficos; todo iso baixo uns rigorosos criterios de calidade.
Este congreso, é o adecuado para levarnos a intercambiar coñecementos da Ciencia e Profesiòn Naturopatica. Tras seis edicións, nace o sétimo; para que este continúe sendo un punto de encontro dos profesionais Naturópatas, compartindo as súas experiencias, coñecementos e resultados.
Máis información e inscrición en: VII Congreso Galego de Naturopatía
No hay comentarios:
Publicar un comentario